Así era a moda en 1972. Arestora estas testas están ben cambiadas e algunhas son moi fáciles de peitear. Estas caras tiñan pinta de comerse o mundo, semellan mirar o futuro con seriedade e con ilusión. Hoxe os fillos da maioría xa son máis vellos ca eles cando a foto. E a natureza que aparece de fondo... será a da horta do Maior?1/30/2008
Aquel corte de pelo!
Así era a moda en 1972. Arestora estas testas están ben cambiadas e algunhas son moi fáciles de peitear. Estas caras tiñan pinta de comerse o mundo, semellan mirar o futuro con seriedade e con ilusión. Hoxe os fillos da maioría xa son máis vellos ca eles cando a foto. E a natureza que aparece de fondo... será a da horta do Maior?1/27/2008
Exercicios espirituais

O mellor dos exercicios espirituais era cando un collía unha pedriña e a ía levando a patadiñas ata o outro extremo do campo do Menor, daba a volta e seguía... Porque duraban moito (3?, 4? días). O primeiro día a cousa estaba suave, o segundo xa lle atacaban co inferno e a condenación eterna. Menos mal que o último día xa era a salvación e o perdón, e todos contentos e felices. O problema é que se suspendía todo: clases, recreos, competicións. E que desde o comezo ao final en todos eses días non se podía falar en ningures (campos, corredores, comedor), todo era predicación e meditación... menos mal que quedaban as pedriñas... Por que tería que inventalos S. Ignacio de Loyola?
1/23/2008
Campos de fútbol
No Menor os balóns escapaban aos Maristas. E no Maior? Vaia campos! Estaba o regulamentario, grande, que se utilizaba só nos acontecementos. A diario dividíase en varios. Había dous campos pequenos que atravesaban o grande. E había o campo da nogueira... o ano pasado aínda estaba a nogueira no mesmo sitio. E había o campo da Feira. Polo que os balóns tamén se escapaban ao campo da feira (hoxe estación de autobuses) e algunha vez ata algún voaba por enriba dos muros do cárcere (o de fóra o dos presos). Estabamos ben rodeados! E hoxe chega un a Lugo e que mellor sitio para aparcar o coche que o Seminario, si, alí mesmo onde estaban os campos...1/17/2008
A súa maxestade o balón
Se querías ser alguén tiñas que xogar ben. A popularidade estaba en relación directa co ben que lle dabas á pelota. E sobre todo ao fútbol, que era o rei. Quen non era seguidor dun equipo? E a maioría do Real Madrid que estaba nos seus tempos gloriosos. Por iso faciamos fotos daqueles gloriosos equipos e se algún era torpe de seu ... pois poñiámolo de Miguel Muñoz (adestrador do Madrid) e asunto solucionado! Setguro que este equipiño algo gañou...1/15/2008
A vincha está no rocho
Saímos de excursión e tiñamos que levar unha vincha. Onde se gardaban as vinchas?, pois no rocho. Quen non sexa de Lugo non sabe o que é un rocho. E quen non estivera no Seminario non sabe que aos balóns lles chamabamos vinchas (como as vexigas dos porcos inchadas e secas). Non primeiros cursos estabamos nós tan felices xogando ao balón e viña un maior, dáballe un patadón e balón aos Maristas!. E aínda por enriba marchaba todo contendo dicindo: embarqueille a vincha ao pito. Que tempos!!!1/14/2008
O matute
Das comidas que nos daban haberá opinións para todos os gustos. Como cando nos empezaron a poñer salchichas e a maioría nin as probaba, dicíase que eran carniza, e había algún que lle metía as del e as dos amigos. Por iso algúns recibían da casa o matute, que suplía as carencias do comedor. Canto chourizo, xamón, chocolate, latas... se papou ás escondidas! Como gozou algún seminarista comendo chourizo no water o día de venres santo!!!! Que ben sabía o matute!!Aquí se pode ver o ben provistos que iamos cando se facía algunha excursión...
1/12/2008
A cascarillla

E el que sería aquela cascarilla? Cal sería a fómula máxica que nos daba forzas para toda a mañá? Segundo algún era cacao con leite e mesmo había quen dicía que un só bidón de leite chegaba para o almorzo de todo o Seminario... vaia oh! Quen non se lembra das cascarilleiras, tan cómodas para verter o líquido nas tazas.
Di a prensa que hoxe os da TVG presentaron unha serie televisiva nun Seminario en Santiago, pena que non fose o de Lugo...
Di a prensa que hoxe os da TVG presentaron unha serie televisiva nun Seminario en Santiago, pena que non fose o de Lugo...
1/08/2008
Xa somos unha novela
A ver cantos cursos do Seminario poden fachendear de seren unha novela!!! Pois nós si. Como é unha novela... todo o que se conta pode ser inspirado na realidade... ou pode ser inventado... ou pode ser unha mestura dos dous. Calquera de nós que lea a novela de Alfonso Eiré terá a súa opinión. A novela é de 1998. O que si e é certo é que acertou de pleno no título... que algúns dos que convivimos aqueles anos seremos amigos sempre.Ah, só recolle os primeiros anos do curso e non os últimos que foron tan intensos para os que chegaron ata 6º ou COU.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)