
No
Menor os balóns escapaban aos
Maristas. E no
Maior? Vaia campos! Estaba o regulamentario,
grande, que se utilizaba só nos acontecementos. A diario dividíase en varios. Había dous campos
pequenos que atravesaban o grande. E había o campo da
nogueira...
o ano pasado aínda estaba a nogueira no mesmo sitio. E había o campo da
Feira. Polo que os balóns tamén se escapaban ao
campo da feira (hoxe estación de autobuses) e algunha vez ata algún voaba por enriba dos muros do
cárcere (o de fóra o dos presos). Estabamos ben rodeados! E hoxe chega un a Lugo e que mellor sitio para aparcar o coche que o
Seminario, si, alí mesmo onde estaban os campos...
1 comentario:
Este si que é o famoso franchute do rugbi e un dos seus equipos favoritos xa que contabamos co rápido e escurridizo Paco Fernández Vicente que non facía máis ca colocar balóns detrás dos paus mentres os outros batían entre si coa teima de collelo.
Publicar un comentario