1/27/2008

Exercicios espirituais


O mellor dos exercicios espirituais era cando un collía unha pedriña e a ía levando a patadiñas ata o outro extremo do campo do Menor, daba a volta e seguía... Porque duraban moito (3?, 4? días). O primeiro día a cousa estaba suave, o segundo xa lle atacaban co inferno e a condenación eterna. Menos mal que o último día xa era a salvación e o perdón, e todos contentos e felices. O problema é que se suspendía todo: clases, recreos, competicións. E que desde o comezo ao final en todos eses días non se podía falar en ningures (campos, corredores, comedor), todo era predicación e meditación... menos mal que quedaban as pedriñas... Por que tería que inventalos S. Ignacio de Loyola?

1 comentario:

Anónimo dixo...

Eu acórdome de que non se podían leer libros. Si os Evangelios pero no a Biblia, que e ben curioso