12/16/2011

Vigo a 80 revolucións por minuto

O día do xantar (3-12) falabamos os que fixemos COU no Masculino do bo profesor que era Alonso Montero, que suspendía pouco pero aprendiamos moito. Ao día seguinte tiven a sorte de asistir á presentación no Culturgal deste libro do seu fillo, Emilio Alonso. Así, lendo no libro viñen sabendo que Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano era un grupo musical que tiveron un acidente de coche que quedou Siniestro Total e de aí colleron o nome. E moitas máis cousas sobre a movida viguesa da que tanto se falou.

12/11/2011

Xuntanza 2011 da Promoción

A DISTANCIA NON É O ESQUECEMENTO

 Hoxe, cando as Redes Sociais atrapan o soño da amizade e convérteno en números comerciais. Cando a inmediatez da informática parece suplantar á palabra pausada, e o aséptico ruído do teclado á voz familiar e inconfundible de cada un tras longos anos de pláticas e conversacións insobornables.
 Hoxe, cando a globalización dos valores inútiles nos levou ao outro extremo da realidade e todo se pesa e mide en función da conta de resultados; soamente polo pracer de verse de novo e darse un abrazo reuníronse por ... ano, vindos desde Miami a Castroverde,  desde Madrid a Fonsagrada, desde Barcelona a Lalín e de moitas outras partes de Galicia, os compoñentes do Curso do 66 do Seminario de Lugo.   
XL QUINTANA (texto e foto)

11/21/2011

Xuntanza do ano 2011

Carta recibida:


Miami, 18 de Novembro 2,011

  XUNTANZA 2011
            3 de Decembro

Estimado amigo e compañeiro:
Celebramos un ano máis a nosa XUNTANZA, sempre o primeiro sábado de decembro (nesta ocasión, o sábado 3 de decembro) e queremos contar coa  presencia de cada un de vós.  O ano pasado a asistencia foi un pouco fraca (por debaixo de 30), a ver se iste ano a podemos mellorar.

Como xa sabedes, para min esta reunión segue sendo (e será) unha cita obrigada no meu calendario anual á que faltei poucas veces (e só por motivos realmente insuperables), aínda a pesares de vivir a miles de quilómetros de distancia (en Miami desde o ano 1984)...

O motivo desta Xuntanza é sempre volver a convivir xuntos,  pasar un rato memorable, revivir aquela camaradería do pasado e seguir alimentando a nosa amizade presente.

Xuntarémonos, polo tanto o día 3 de Decembro a partir das 13:30  e continuaremos o noso xantar-tertulia, tamén, coma sempre, ata as 8 ou 9 da  noite… ou ata que o corpo aguante.

A reunion terá lugar, como vén  sendo habitual no restaurante:
MANUEL-MANUEL, Monte Faro, 19, 27003 Lugo. Teléfono (982) 201021

Se aínda non  asistiches a ningunha das nosas Xuntanzas queremos contar contigo  nesta oportunidade e se asistes habitualmente, será unha oportunidade excelente de volver a vernos e compatir momentos que non se van repetir… contamos contigo!... non faltes á  cita!
 Un abrazo.
 Jaime Alvarez Fernández “o Pasteleiro”

(Nota: para confirmar a asistencia nos correos e teléfonos habituais ou no email deste blog: semlugo66@galicia.com)

11/13/2011

O club dos poetas mortos no Seminario dos anos 60

Na película O club dos poetas mortos, o actor Robin Williams dá vida a un profesor de literatura que consegue achegar os seus difíciles alumnos á literatura, á poesía. A nosa xeración tamén tivo a mesma sorte anos antes (a película é de 1989) cando chegou o profesor don Alejandro Pin. El conseguiu ilusionarnos coa literatura (española, que a galega aínda non tocaba), fixemos rifas para mercar un reprodutor de cintas para poder escoitar os poemas e tampouco tiña inconveniente en subir á mesa cando cumpría pillar a algún copiador experto. Todo un adiantado aos tempos modernos. Saúdos para don Alejandro. (E en que ano sería a chegada deste profesor?)

11/12/2011

Gila e o Castiñeira

Hoxe pasaron pola tve2 un documental sobre Gila. Aquel Gila que o Castiñeira nos poñía nos salón de estudos no intermedio das audicións de música clásica, todo un xeito didáctico e moderno de escoitar boa música.