2/25/2008

A sotana

Non ten cara porque nós non levamos sotana.

O noso debeu ser o segundo curso que no Seminario xa non chegou a poñer sotana. despois de tantísimos anos con rapazolos ensotanados e nós nada. Agora non temos fotos para mostrar ás amizades con tal orixinal uniforme!!! Non sei se alguén se fixo algunha foto de lembranza coa sotana dalgún amigo máis vello? Nin mandilón ao principio nin sotana logo, fomos seminaristas de terceira. Quedamos sen aquela festa que vimos nos maiores: viñan os pais e facíase unha grande cerimonia. E desde entón a levar a sotana para se preparar para cura doutros tempos coa súa sotana, dulleta e tella. Porque vaia se tiña importancia a sotana! Lembran cando veu o circo da Ciudad de los Muchachos e antes chegou o Padre Silva a darnos unha charla. E vaia escándalo que se armou entre algúns curas porque nin sotana traía, que exemplo para nós!!! Se polo menos trouxera o alzacuellos!

Había que ver os do Maior, que non podían nin sacar a sotana para xogar nos recreos e atábana á cintura. E que guapos ían naquelas ringleiras de ensotanados cando saiamos de paseo polo Parque: sotana e bonete de cor azul. E nós cos nosos pantalóns normais, menos aquel ano que un superiror nos uniformara de calzón curto igual a todos os pequenos.


1 comentario:

Anónimo dixo...

A min me gustaria ter levado sotana un ano e agora tela congada no armario e asi cada vez co abrira lebaria un susto porque pensaba que aun estaba ali