Segundo a nova lei en España non se pode fumar nos restaurantes. Así que se acabou o botar un cigarro ou un xaruto no xantar anual que tan ben lles prestaba a algúns compañeiros, agora terán que saír fóra. O curioso do caso é como os medios de comunicación da dereita española están chamando á insubmisión e reclamando os dereitos da xente. Cando resulta que foi a dereita católica a primeira en impoñer a prohibición de fumar desde sempre. Porque, amigos ex-seminaristas, lembrades vós que se puidese fumar nas igrexas e catedrais algunha vez... cando se fumaba en hospitais, bares, facultades, seminarios... Así que a dereita nacional católica o que ten que facer é deixar fumar nas igrexas, nas catedrais, nas capelas, nos mosteiros. Medrarían os fieles, a que sí?
(na foto Vicente, Valín, Jaime)
1 comentario:
eramos nosoutros ben adiantados que xa daquela non podiamos fumar no Mayor nas clases, pasillos, comedor, capela... pero si nas habitacións.
Publicar un comentario