8/25/2011

Somos útiles …!

Ao verlle as orellas ao momento de xubilarse, éntralle a un un desacougo vital: E agora que fago? Para que sirvo? Dándolle voltas a esta abafante idea, veume á mente esta metáfora: Os maiores somos as agullas vellas coas que Deus corcose unha xeración con outra.
O feito de saber que eu e mais os meus achaques ían desenvolver unha misión tan transcendente como é a de servir de cadea de transmisión de coñecementos e valores, acougou o meu espírito … e seguín durmindo tan ricamente.

Pedro J. Rovira Magariños

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ex seminarista Santiago: Pois agora a vivir como un coengo,O profesor de Dereito Canónico, D.Antonio Rodrígez Villasante,decíanos sempre que os coengos eran de institución divina.Que os instituíra o mesmo Xesucristo cando lle dixo aos apóstolos:Agora podedes dormir e descansar.Eu tamén son un xubilado recente e ando moi contento porque poido facer o que me da a gaña.Felis xubilación.