É a muller en si mesma un ser incurable? Pois despois de varios séculos parece que si, a muller non pode ser cura, é incurable. Hai máis posibilidades de que acabe a crise, de que os políticos deixen de mentir, de que os banqueiros se preocupen polos pobres profesores ca de que unha muller sexa cura. E miren que forma máis barata de solucionar o problema da falta de vocacións; e non me van negar que a muller predicaría moito mellor có home, ou non? Pero claro, hai quen di que se se lles deixa seren cregas despois pedirían tamén seren arciprestas e axiña bispas, cardeás e nun futuro non moi lonxe papisas, e claro!!!! Por certo, saben de algunha institución que recibe millóns de cartos públicos e non ten unha soa muller no organigrama de miles de persoas???? agora que hai toureiras, árbitras, bombeiras, camioneiras, soldados ... e tampouco é por falta de tradición, que as sacerdotisas estiveron presentes en moitas culturas. Así que, paciencia, señoras.
1 comentario:
Ex seminarista Santiago:
Os que marcan a rumbo na Igrexa tiveron medo do poder transformador da realidade social que tiña a mensaxe evanxélica. Deron marcha atrás e pouco a pouco foron desmontando a revolución que supuxo o Concilio Vaticano II. Esquecéronse do “agiornamento”do que falaba Xoán XXIII.E aí andan dicindo que os de Lefebre representan o sentir auténtico e que o Concilio foi a causa das causas que a levaron ao desprestixio social no que caeu. E unha pena que entristece a moitos que pensan que non representa as comunidades cristiáns das que fala o libro dos feitos dos apóstolos.
Mutatis mutandis ven se podería dicir,como Curros,poñendo na boca de Deus: Se este é o mundo,a Igrexa,que eu fixen que o demo me leve.
Publicar un comentario