9/30/2011

Irregularidades no Seminario de Lugo?

Iso di o xornal de hoxe, que houbo irregularidades na construción do novo edificio do Seminario. E que o Seminario abriu sen licenza de apertura. Mi madriña!

Tamén anda a xente revolta polos curas en Lugo. Pódese ler e ver na prensa de hoxe. Parece que non están moi contentas as ovellas con que lles cambien o pastor ao que xa estaban afeitas por outro pegoreiro (do latín pecus-oris) máis da corda do dono. Cousas dos tempos novos, agora ata a Igrexa topa con manifestacións dos propios crentes. Quen nolo ía dicir cando estabamos no Seminario alá polos 60/70?

Con tanto problema que amañar non vai chegar o sobriño rouco e aínda vai ter que vir o propio tío desde Madrid facerse cargo do asunto. Iso será se ten tempo, claro, que alá na capital ha andar moi ocupado.

Ningún comentario: