Francisco Pérez Carral, que non estivo no Seminario pero tamén ve que as mulleres son incurables, leu os ditos de Pilar Guerra e desde terras pontevedresas envíanos algúns novos. A súa sogra, que en paz descanse, dicía alá polo 1990 con humor:
- este é o mundo do revés: cando se vía atarefada e ó mesmo tempo conforme coa vida que lle tocaba vivir.
- a roupa xa está despalmada: cando viña de tender a roupa.
- este é o mundo do revés: cando se vía atarefada e ó mesmo tempo conforme coa vida que lle tocaba vivir.
- a roupa xa está despalmada: cando viña de tender a roupa.
E o mestre de cantería de Poio alá por 1980:
- facer blanda é de canteiros e facer lombo de trapalleiros
- a certas alturas, caghalletas de porco parecen molduras
- aquí vai vir a brighadilla: cando lle faltaba algunha ferramenta ou se cabreaba
- a certas alturas, caghalletas de porco parecen molduras
- aquí vai vir a brighadilla: cando lle faltaba algunha ferramenta ou se cabreaba
1 comentario:
Gracias Anxo por inmortalizar estas sinxelas aportacións. Cando me lembre dalgunha mais vola pasarei. Saúdos: Paco
Publicar un comentario