9/04/2011

O Padre Silva

Alguén lembra en que ano nos trouxeron ao Seminario de Lugo o Padre Silva? Viñera sen sotana, cunha cazadora negra e déranos unha conferencia ou charla. Logo foramos ver o circo da Cidade dos Muchachos. Fora todo un acontecemento naquel seminario, como unha tronada, como unha ventisca que entra e trae aire novo. Por iso tamén despois un cura (cal?) nos soltara toda unha filípica contra o Padre Silva, entre outras cousas que nunca se vira, un cura sen sotana falando para os seminaristas... vamos, un pequeno anticristo.
Logo soubemos da obra deste home, de como fora recollendo rapaces e dándolles formación, de como creara un pequeno estado autosuxestionado e democrático. Pero estas cousas nunca cadraron ben coa xente ben e a cousa foi esmorecendo e o Padre Silva seguiu coa súa misión por América. Finalmente acabou enleado en preitos. Pero todo o que fixo aí quedou... os centos de rapaces que tiveron acceso a unha nova vida saíndo das súas miserias... iso non ten volta atrás.
Lemos na prensa que morreu o Padre Silva, un home que nunca podería chegar a bispo nin a papa. Chegará a santo ou polo menos a beato?????¿¿¿¿¿. Que en paz estea!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ex seminarista Santiago:O padre Silva foi desas persoas que pasaron por este mundo facendo o ben.Fixérono sufrir dabondo todos aqueles poderes moi relixiosos todos eles de pacotilla do PP que personifican a dereita caciquil en Galicia.Impresionoume a claridade coa que falou o seu irmán cando lin: Xosé Manuel Silva, hermano del cura Silva ,resumía en la revista gallega Tempos Novos el calvario que ha venido sufriendo la Ciudad de los Muchachos desde 1999 en una sola frase: “A la derecha se le puede tocar todo menos la cartera”.